Sophie Blanchard
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Marie Madeleine Sophie Armant 24 de marzo de 1778 Yves (Reino de Francia) |
Morte | 6 de xullo de 1819 (41 anos) París (Restauración Francesa) |
Causa da morte | morte accidental, accidente ou incidente de aviación |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 13 Grave of Blanchard (en) |
Actividade | |
Ocupación | aeronauta |
Familia | |
Cónxuxe | Jean-Pierre Blanchard |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron A Cyclopaedia of Female Biography |
Sophie Blanchard, nada en Yves o 25 de marzo de 1778 e finada en París o 6 de xullo de 1819,[1] referida comunmente como Madame Blanchard e tamén por combinacións dos seus nomes de solteira e de casada, como Madeleine-Sophie Blanchard, Marie Madeleine-Sophie Blanchard, Marie Sophie Armant e Madeleine-Sophie Armant Blanchard, foi unha aeronauta francesa, esposa do pioneiro dos globos aerostáticos Jean-Pierre Blanchard. Blanchard foi a primeira muller que traballou profesionalmente como aeronauta, e trala morte do seu marido continuou no negocio, facendo máis de sesenta ascensións. Coñecida por toda Europa polas súas fazañas, Blanchard entreteu a Napoleón Bonaparte, que a promoveu a "Aeronauta dos Festivais Oficiais", substituíndo a André-Jacques Garnerin. Na restauración da monarquía en 1814 actuou para Lois XVIII, que a nomeou "Aeronauta Oficial da Restauración".
Os globos eran un risco para os pioneiros. Blanchard perdeu a consciencia en varias ocasións, soportou temperaturas xélidas e case afogou cando o seu globo chocou nun pantano. En 1819, foi a primeira muller que faleceu nun accidente aéreo, cando nunha exhibición nos xardíns de Tivoli de París lanxou fogos de artificio que prenderon o gas do globo. A nave chocou co tellado dunha casa e caeu á terra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e carreira
[editar | editar a fonte]Sophie Blanchard naceu como Marie Madeleine-Sophie Armant nunha parella protestante de Trois-Canons, preto de La Rochelle. Pouco se sabe da súa vida antes do seu matrimonio con Jean-Pierre Blanchard, o primeiro aeronauta profesional. A data do seu matrimonio non é clara; as fontes indican 1794[2] ou 1797,[3] mais a maioría din que 1804, ano da súa primeira ascensión. Blanchard abandonara a súa primeira esposa, Victoire Lebrun, e os seus catro fillos para viaxar por Europa perseguindo a súa carreira, e ela posteriormene faleceu na pobreza.[3] Various describiron a "esposa pequena, fea, nerviosa", "pequena con expresións con forma de paxaro" e máis adiante como "pequena e bonita",[4] Sophie sentíase máis na casa no aire que no chan, onde a súa disposición nerviosa implicaba que se sobresaltaba facilmente.[4] Aterrorizábana os ruídos fortes e viaxar en carruaxes, mais no aire non tiña medo.[4] Ela e o seu marido tiveron un accidente nun voo xuntos en 1807 (a súa 11.ª ascensión, posiblemente a 61.ª del), en que chocaron e el sufriu unha ferida na cabeza. O shock aparentemente deixouna muda durante un tempo.[5]
Sophie fixo a súa primeira ascensión en globo con Blanchard en Marsella o 27 de decembro de 1804. A parella enfrontouse á bancarrota como resultado do pobre sentido de negocios de Blanchard, e crían que unha muller aeronauta era unha innovación que podía atraer suficiente atención para resolver os seus problemas financeiros. Ela describiu o sentimento como unha "sensación incomparable" ("sensation incomparable").[2] Sophie realizou unha segunda ascensión con Blanchard e na terceira, o 18 de agosto de 1805, voou en solitario dende o xardín do claustro dos xacobinos en Tolosa.[2][6]
Non obstante, non foi a primeira muller que viaxou en globo. O 20 de maio de 1784, a marquesa e condesa de Montalembert, a condesa de Podenas e Miss de Lagarde montaron nun globo atado en París. Tampouco foi a primeira muller en ascender nun globo sen atar: na época de Blanchard críase que Citoyenne Henri, que fixera unha ascensión con André-Jacques Garnerin en 1798, fora a primeira, aínda que a honra realmente pertence a Elizabeth Thible. Thible, cantante de ópera, subira para entreter a Gustavo III de Suecia en Lión o 4 de xuño de 1784, catorce anos antes que Citoyenne Henri. Blanchard si foi a primeira en pilotar o seu propio globo e a primeira que o tivo como profesión.[7]
En 1809, o seu marido morreu polas feridas que tivo cando caeu no globo na Haia despois de sufrir un ataque cardíaco. Trala súa morte, Sophie continuou a facer ascensións, especializándose en voos nocturnos, ás veces permanecendo no alto toda a noite.[6]
Carreira en solitario
[editar | editar a fonte]Sophie experimentou con paracaídas que tiña o seu marido, lanzándoos con cans dende o globo, e como parte dos seus espectáculos lanzaba fogos de artificio e deixaba caer canastras con pirotecnia con pequenos paracaídas.[3] Outros aeronautas estaban a facer os seus nomes facendo saltos en paracaídas dende as cestas dos sesus globos, en particular a familia de André-Jacques Garnerin, do que a súa esposa, filla e sobriña actuaban regularmente.[8] A súa sobriña, Élisa Garnerin, era a principal rival de Blanchard como muller aeronauta, e era raro que un evento deste tipo non tivese unha actuación dunha ou da outra.[6] Blanchard puido facer algunha demostración de paracaídas, mais o seu principal interese eran os globos.[9]
A parella aínda tiña débedas no momento da morte de Blanchard, así que para minimizar os gastos, Sophie foi tan frugal como puido na súa escola de globo. Empregou un globo de gas cheo de hidróxeno (Charlière), xa que lle permitía ascender nunha cesta pouco máis pequena ca unha cadeira, e non tiña os requirimentos de cantidade de material necesaria para un globo de aire quente. Un globo de hidróxeno tamén a liberaba de ter que manter un lume para manter o aparato no aire. Ter un globo máis pequeno e doado de inchar era importante en que eran comúns as "revoltas dos globos", e sabíase que multitudes insatisfeitas destruían globos e atacaban os aeronautas cando os globos non lograban ir como se planeaba.[10] Como era pequena e lixeira, podía reducir a cantidade de gas empregada para inchar o globo.[2] Sophie usou, ou polo menos tivo, un globo de aire quente; o coronel Francis Maceroni contou nas súas memorias que lle vendeu un en 1811 por 40 libras.[11]
Converteuse nunha favorita de Napoleón, e este escolleuna para substituír a André-Jacques Garnerin en 1804. Garnerin caera en desgraza por fracasar no control do globo que organizara para sinalar a coroación de Napoleón en París; o globo finalmente chegou ata Roma e chocou contra o lago di Bracciano, converténdose no obxecto de moitas bromas a expensas de Napoleón.[12] O título que Napoleón deu a Blanchard non está claro: fíxoa "Aeronauta dos Festivais Oficiais " ("Aéronaute des Fêtes Officielles") coa responsabilidade de organizar espectáculos de globos nos principais eventos,[2] mais é posible que tamén a fixese Ministra Xefa do Aire para Globos, posto no que se di que deseñou plans para unha invasión aérea de Inglaterra.[13] Foi quen de disuadir o emperador deste plan impracticable indicando que os ventos dominantes no Canal da Manga facían a invasión case imposible.[14]
Realizou ascensións para entreter a Napoleón o 24 de xuño de 1810 dende o Champ de Mars de París, e na celebración montada pola Garda Imperial polo seu matrimonio con María Luísa de Austria. No nacemento do fillo de Napoleón, Blanchard voo un globo sobre París dende o Campo de Marte e lanzou follas anunciando o nacemento.[15] Actuou na celebración oficial do seu bautismo no Château de Saint-Cloud o 23 de xuño de 1811, cun espectáculo de fogos artificiais lanzados dende o globo,[16] e de novo na "Féte de l'Emperor" de Milán o 15 de agosto de 1811. Ascendeu con mal tempo sobre o Campo Marte de Nápoles para acompañar a revista das tropas por parte do cuñado de Napoleón, Joachim Murat, rei de Nápoles, en 1811.[11] Cando Lois XVIII entrou en París o 4 de maio de 1814 tras ser restaurado no trono de Francia, Blanchard subiu no seu globo dende a Pont Neuf como parte da procesión do triunfo. Luís quedou tan impresionado coa actuación que a chamou "Aeronauta Oficial da Restauración".[17][a]
Coñecida en toda Europa, Blanchard reunía grandes multitudes nas súas ascensións. En Frankfurt aparentemente foi a causa da pobre recepción da ópera de Carl Maria von Weber Silvana na súa estrea o 16 de setembro de 1810: a xente da cidade xuntouse para ver o seu espectáculo e só uns poucos viron a ópera.[18] Deu moitas representacións en Italia; en 1811 viaxou de Roma a Nápoles, facendo unha pausa na metade do percorrido despois de 97 km, e posteriormente ascendeu de novo dende Roma a unha altura 3660 m, en que dixo que caeu nun sono profundo por un anaco antes de aterrar en Tagliacozzo.[19] Ese mesmo ano, perdeu a consciencia tras ter que ascender para evitar ser atrapada nunha tormenta de sarabia preto de Vincennes. Pasou 14½ horas no aire como resultado.[20] Sophie cruzou os Alpes en globo,[21] e cando viaxou a Turín o 26 de abril de 1812 a temperatura caeu tan baixo que sufriu unha hemorraxia nasal e se formaron carambelos na súa cara e mans.[6] Case morreu o 21 de setembro de 1817 cando, nun voo dende Nantes (o seu 53.º), confundiu un campo pantanoso cun punto de aterraxe seguro. O toldo do seu globo quedou atrapado nunha árbore que provocou que a cadeira envorcase; Blanchard, enleada nas cordas, caeu na auga do pantano e afogaría se non chegase a axuda xusto despois de aterrar.[6] Simpatizando con Marie Thérèse de Lamourous que estaba a intentar crear un albergue para "mulleres caídas" (La Miséricorde) en Bordeos, ofreceuse a doarlle ingresos dunha das súas ascensións. De Lamourous rexeitou a oferta en base a que non quería que volvese arriscar a súa vida.[22]
Falecemento
[editar | editar a fonte]O 6 de xullo de 1819, nos xardíns Tivoli de París, o seu globo de hidróxeno prendeu lume e Blanchard, enleada na rede, caeu ata a morte.
Blanchard actuara regularmente nos xardíns Tivoli Gardens, subindo dúas veces á semana cando estaba enParís.[3] Advertíranlle repetidamente do perigo de empregar fogos artificiais nos seus espectáculos. A demostración ía ser unha das máis impresionantes con moitos máis fogos dos habituais, e parece que as advertencias a impresionaran. Algúns espectadores pedíronlle que non subise, mais outros, ansiosos de ver o espectáculo, urxírona a que o fixese. Unha información suxire que finalmente se decidira e subiu na cadeira coa frase "Allons, ce sera pour la dernière fois" ("Vaiamos, esta será a última vez").[23]
Sobre as 10:30 p.m. (as fontes difiren da hora exacta), Blanchard comezou o ascenso, levando unha bandeira branca e cun vestido branco con plumas de avestruz. O vento sopraba forte e parecía que o globo loitaba por subir. Soltando lastre, conseguiu levantalo un pouco, mais o globo rozou unhas árbores mentres subía. Unha vez pasadas as copas das árbores, Blanchard comezou a mover a súa bandeira. O globo estaba iluminado por cestas que contiñan fogos de artificio.[24]
Poucos momentos despois de comezar o espectáculo, e mentres aínda estaba a ascender, viuse que o globo estaba ardendo. Algunhas informacións din que o globo desapareceu momentaneamente detrás dunha nube e que cando reapareceu estaba en chamas. En calquera caso o gas do globo estaba queimándose. Blanchard comezou a descender rapidamente, mais o globo, en medio do vento, continuou a afastarse dos xardíns mesmo estando a baixar. Algúns espectadores pensaron que os eventos eran parte do espectáculo e aplaudiron e gritaron con aprobación.[25] O globo non subira moi alto e, aínda que o gas que saía estaba ardendo, o gas do interior mantívose suficientemente elevado durante un anaco para evitar que o aparato caese directamente ao chan. A maioría das fontes din que Blanchard aparentaba estar en calma durante o descenso, mais que se puxo a retorcer as súas mans con desesperación cando o globo se achegaba ao chan.[23] Posteriormente circularon rumores de que suxeitara a cadeira tan forte que "varias arterias romperan polo esforzo".[26]
Xusto por riba dos tellados da Rue de Provence o gas do globo extinguírase e a nave golpeou o tellado dunha casa.[b] Pensouse que sobrevivira, mais as cordas que sostiñan a cadeira ao corpo do globo queimáranse ou ben o impacto as lanzara fóra, o que provocou que Blanchard, atrapada na rede do globo, esvarase polo tellado e caese á rúa. John Poole, unha testemuña, describiu os seus momentos finais:
Houbo unha pausa terrible, entón Mme Blanchard envolveuse na rede do seu globo, caeu cun golpe sobre o tellado inclinado dunha casa na Rue de Provence, e logo na rúa, onde caeu co seu cadáver estragado.[27]
Algúns informes indican que ela gritou "À moi!" ("axuda", ou literalmente, "a min"), cando golpeou o tellado.[28] Aínda que a multitude correu para axudala e intentar salvala, morrera instantaneamente por rotura do pescozo ou como moito dez minutos despois.
A causa máis probable do accidente parece ser que os fogos de artificio unidos ao seu globo se movesen de posición por culpa dunha árbore mentres subía; posiblemente o globo tiña moita carga e non lograse subir rápido abondo. Cando acendeu os detonadores os fogos dirixíronse cara ao globo en lugar de fóra del; un deles formaría un burato na tea, encendendo o gas. Seica un home descubriu o problema e gritou que non acendese os detonadores, mais os seus berros perdéronse entre os vítores da multitude.[23] Informes posteriores suxiren que deixara a válvula do gas aberta, facendo que as faíscas puxesen o gas en ignición e provocando o lume no globo, ou ben que o globo era de construción pobre e permitiu ao gas escapar durante o ascenso.[2]
Legado
[editar | editar a fonte]Norwich Duff, que foi testemuña do ascenso de Blanchard e do seu accidente indicou:
O efecto dun accidente tan chocante nas mentes de varios miles de persoas reunidas por diversión e nos seus altos espíritos, poden imaxinarse facilmente...[29]
Cando oíron da súa morte, os propietarios dos Xardíns Tivoli anunciaron inmediatamente que a recadación das entradas sería doada para o apoio dos seus fillos, e algúns espectadores ficaron nas portas pedindo aos cidadáns de París que fixesen doazóns.[29] A chamada acadou 2400 francos, mais trala recollida descubriuse que non tiña fillos sobreviventes, polo que os cartos se empregaron en cambio para erixir un memorial, cunha representación do seu globo en chamas, sobre a súa tumba no cemiterio do Père-Lachaise. A súa lápida foi gravada co epitafio "victime de son art et de son intrépidité" ("vítima da súa arte e intrepidez").[2] O resto do diñeiro, arredor de 1000 francos, foi doado á luterana Église des Billettes, a que asistira Blanchard.[6] Aínda que non era rica, no momento da súa morte limpara as débedas que deixara o seu marido e estaba segura financeiramente. Cada unha das súas ascensións custáballe arredor de 1000 francos, sen incluír os custos de mantemento do globo. No seu testamento deixou propiedades que valían entre 1000[6] e 50 000[30] francos á súa filla.
A historia da súa morte foi contada por toda Europa. Jules Verne mencionouna en Cinco semanas en globo e, en Igrok, Fiódor Dostoievski comparou a emoción de meterse nas apostas coa sensación que debeu sentir Blanchar cando caía. Para outros, a súa morte supón unha historia con sentenza, como exemplo dunha muller excedéndose do seu rol (como para Grenville Mellen, que dixo que probaba que "unha muller nun globo está fóra do seu elemento ou demasiado alto nel"[31]) ou como prezo da vaidade por intentar ese tipo de espectáculos. Charles Dickens comentou "a xerra vai a miúdo ao pozo, mais é bastante seguro que ao final romperá".[32] Unha novela de Linda Donn inspirada na historia de Blanchard, The Little Balloonist, publicouse en 2006.[33]
Notas
[editar | editar a fonte]a. ^ Como Comte de Provence, Louis fora anteriormente patrón do pioneiro dos globos Pilâtre de Rozier, que foi a vítima do primeiro accidente mortal nun globo o 15 de xuño de 1785.[34]
b. ^ Moitas fontes non mencionan o número da casa mais algúns din que era o número 15 ou o 16, e algúns din que o edificio era un hotel.
- Referencias
- ↑ Dunlop, Doug (28 de marzo de 2016). "Sophie Blanchard: Pioneer Aeronaut". Smithsonian Libraries Unbound (en inglés). Smithsonian Institution. Consultado o 24 de marzo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Marck 2006, páx. 70–1.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Lynn 2006, páx. 132.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Walker 2004, páx. 50–3.
- ↑ Brown 1801, páx. 207–8.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Michaud 1854, páx. 415–6.
- ↑ Walsh 1913, páx. 11–12.
- ↑ Turgan 1851, páx. 170.
- ↑ Figuier 1859, páx. 239.
- ↑ What'sHerName and Sharon Wright (3 de decembro de 2018). "THE AERONAUT Sophie Blanchard". What'shername (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2019.
- ↑ 11,0 11,1 Maceroni 1838, páx. 41.
- ↑ Hoefer 1857, páx. 499.
- ↑ Martin 2000, páx. 135.
- ↑ What'sHerName and Sharon Wright (7 de xaneiro de 2019). "THE AERONAUT Sophie Blanchard". What'sHerName Podcast.
- ↑ Smucker 1857, páx. 249.
- ↑ de Saint-Amand [1890] 2004, páx. 270.
- ↑ Peltier 1814, páx. 391.
- ↑ Newman 1945, páx. 513.
- ↑ Select Reviews 1812, páx. 176.
- ↑ Wason 1897, páx. 82.
- ↑ Shayler 2005, páx. 10.
- ↑ Yonge 1858, páx. 57.
- ↑ 23,0 23,1 23,2 Ireland 1822, páx. 402.
- ↑ Gentleman's Magazine 1819, páx. 76.
- ↑ Marion [1870] 2004, páx. 99.
- ↑ Mathews 1839, páx. 65.
- ↑ Poole 1838, páx. 80.
- ↑ Turgan 1851, páx. 145.
- ↑ 29,0 29,1 Duff 1819.
- ↑ Lesur 1820, páx. 651.
- ↑ Mellen 1825, páx. 154.
- ↑ Dickens 1853, páx. 488.
- ↑ "Fiction Book Review: The Little Balloonist". Publisher's Weekly. 21 de novembro de 2005. Consultado o 23 de abril de 2019.
- ↑ Canadian Aviation Museum 2004.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brown, Charles Brockden (1808). "The Literary Magazine, and American Register" VIII. Philadelphia: Thomas and George Palmer: 336.
- Canadian Aviation Museum (2004). "The Balloon Era" (PDF). Canadian Aviation Museum. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de marzo de 2012. Consultado o 27 de xuño de 2008.
- De Saint-Amand, Imbert (2004) [1890]. The Happy Days of the Empress Marie Louise. Kessinger Publishing Co. p. 396. ISBN 1-4179-2219-2.
- Dickens, Charles (1853). "Household Words: A Weekly Journal" 7. Nova York: Dix and Edwards.
- Duff, Norwich (6 de xullo de 1819). "Extract from the journal of Norwich Duff". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2012. Consultado o 24 de xullo de 2007.
- Figuier, Louis (1859). Les Grandes Inventions Scientifiques et Industrielles Chez les Anciens et les Modernes (en francés). París: Hachette. pp. 304.
- Gentleman's Magazine (1819). "Abstract of Foreign Occurrences". Gentleman's Magazine (F. Jefferies). LXXXIX (12): 96.
- Hoefer (1857). Nouvelle Biographie Générale (en francés). París: Firmin Didot frères. pp. 960.
- Ireland, William Henry (1822). France for the Last Seven Years. Londres: G. and W. B. Whittaker. pp. 439.
- Lesur, C. L. (1820). Annuaire Historique Universel Pour 1819 (en French). París. pp. 768.
- Lynn, Michael R. (2006). Popular Science And Public Opinion in Eighteenth-century France. Manchester University Press. p. 177. ISBN 0-7190-7373-1.
- Maceroni, Francis (1838). Memoirs of the Life and Adventures of Colonel Maceroni. Londres: John Macrone. p. 509.
- Marck, Bernard (2006). Le Rêve de Vol (en francés). Toulouse: Le Pérégrinateur Editeur. p. 216. ISBN 2-910352-45-5.
- Marion, Fulgence (2004) [1870]. Wonderful Balloon Ascents Or The Conquest Of The Skies. Kessinger Publishing Co. pp. 124. ISBN 1-4191-9483-6.
- Martin, J (2000). The Almanac of Women and Minorities in World Politics. Harper Collins. p. 466. ISBN 0-8133-6805-7.
- Mathews, Charles (1839). Memoirs of Charles Mathews, Comedian. Volume III. Londres: Richard Bentley. p. 650.
- Mellen, Grenville (1825). Sad Tales and Glad Tales. Boston: S. G. Goodrich. p. 185.
- Michaud, Louis Gabriel (1854). Biographie Universelle Ancienne et Moderne (en francés). C. Desplaces. p. 700.
- Newman, Ernest (1945). Stories of the Great Operas and Their Composers. Philadelphia: Blakiston. pp. 889.
- Peltier, Jean-Gabriel (1814). "Entrée Solennelle de Louis XVIII dans sa Capitale". L'ambigu (en francés) (Londres: Schulze and Dean) XLV (400).
- Poole, John (1838). Crotchets In the Air; or; an (Un) Scientific Account of a Balloon-Trip. Londres: Henry Colburn. pp. 98.
- Saunders, Frederick (1853). Salad for the Solitary. Lamport, Blakeman and Law. pp. 284.
- Select Reviews of Literature (1812). Enos Bronson, ed. "Miscellaneous: Madame Blanchard". Select Reviews of Literature, and Spirit of Foreign Magazines (Philadelphia: John F. Watson) VIII (XLIV): 184.
- Shayler, David J. (2005). Women in Space – Following Valentina. Springer. pp. 410. ISBN 1-85233-744-3.
- Smucker, Samuel Mosheim (1857). Memorable Scenes in French History: From the Era of Cardinal Richelieu to the Present Time. Miller, Orten, and Co. pp. 385.
- Turgan, Julien (1851). Les Ballons: Histoire de la Locomotion Aérienne Depuis son Origine jusqu'à nos Jours (en francés). Plon Frères. pp. 208.
- Walker, Mike (2004). Powder Puff Derby: Petticoat Pilots and Flying Flappers. Wiley. p. 304. ISBN 0-470-85141-4.
- Walsh, William (1913). A Handy Book of Curious Information. Londres: Lippincott. pp. 942.
- Wason, Charles William (1897). Annual Register. Baldwin, Cradock and Joy.
- Yonge, Charlotte Mary (1858). Marie Thérèse de Lamourous, a Biography. Londres: John W. Parker and Son. p. 131.